COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Avisos

Oferta de traballo Axente de Diversificación

CONVOCATORIA: 1 PRAZA DE AXENTE DE DIVERSIFICACIÓN DE ACTIVIDADES NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO. 

FUNCIÓNS:    

  • Impulsar a diversificación económica da comunidade pesqueira local
  • Apoio ao emprendemento e dinamización de actividades de turismo mariñeiro.
  • Supervisión e xestión das prazas de amarre nos pantaláns da Cofradía de Pescadores de Vigo en Bouzas.
  • Colaboración con outras entidades e sectores da economía marítima do entorno para o crecemento azul
  • Busca de vías de financiamento e liñas de axudas para actividades e iniciativas de turismo relacionadas coa pesca, deportes náuticos, posta en valor de recursos medioambientais e patrimoniais.

VALORARÁSE

  • Formación náutica, ambiental, administrativa, turística e pesqueira.
  • Experiencia como guía ou monitor, na divulgación de coñecementos da pesca e do mar en xeral.
  • Experiencia no deseño de actividades no litoral, redacción de informes e xestión de proxectos.
  • Experiencia de traballo en portos deportivos ou mariñas náuticas.
  • Dispoñibilidade ao traballo en equipo e de cara ao público.

Solicitudes e curriculum ata 31 de XULLO de 2019

Email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Oferta de traballo vinculada ao proxecto “Un mar de oportunidades”, presentado a convocatoria de axudas do Grupo de Acción Local de Pesca, GALP Ría de Vigo- A Guarda.