COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Noticias

Novas

A Confraría colabora co ICEMAR

A Confraría está a colaborar co Curso Especialista de Innovación Competitividade e Emprendemento entorno ao Mar (ICEMAR), da Universidade de Vigo. Nesta ocasión contamos con Cristina, alumna en prácticas que nos acompañará durante o mes de setembro. Agardamos que a súa estancia sexa de moito proveito!

Prácticas na Confraría de Pescadores

 

Xa temos na nosa oficina a Patricia, a alumna en prácticas do Colexio Mendiño vinculada ao "Plan de Actuación para a integración e colaboración de entidades de Economía Social do sector pesqueiro e do sector educativo para o fomento do emprendemento e a economía social". Este plan é financiado pola Rede Eusumo e facémolo en colaboración coa Fundación Fundamar.

Benvida Patricia!

 

 

Desescalada na nosa Mariña Deportiva de Bouzas

Como sabedes, dende o día 4 de Maio vimos de entrar na Fase 0. Pero que significa a Fase 0 se teño unha embarcación deportiva? Podo ir visitar á miña embarcación?

Pois por fin podemos ir visitar as nosas embarcacións deportivas para comprobar a SEGURIDADE e MANTEMENTO (acender motores, achicar auga, etc...), sempre sen saír a navagar. Lembrade que é imprescindible que a vosa embarcación estea no mesmo municipio no que residides, senón non poderedes acudir. Recomendarvos sempre que levedes o voso DNI, e se tendes algún papel do barco moito mellor. Lembrade que soamente poderá acurdir unha persoa por embarcación. Ánimo que xa falta menos para poder navegar!

DOG Nº 86 (6 Maio 2020)

Queda na casa, queda co noso mar

A Confraría de Pescadores de Vigo colabora na campaña lanzada polos Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia (GALP) denominada QUEDA NA CASA, QUEDA CO NOSO MAR. Esta campaña promove a visibilidade dun sector gravemente afectado pola crise sanitaria, económica e social do COVID-19, ademais de animar ao consumo da pesca local. #quedaconosomar

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4