COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Noticias

O mar tamén ten mulleres

O MAR TAMÉN TEN MULLERES é un proxecto que pon en marcha o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda co obxectivo de recoller fotografías e relatos das traballadoras que dedicaron a súa vida ao mar nos concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.

Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras… serán as protagonistas dunha exposición que pretende recuperar os saberes de mulleres anónimas para poñer en valor o seu traballo, rendirlles homenaxe e rescatar capítulos preciosos da nosa memoria histórica.
 
Trátase dun proxecto participativo no que recolleremos as imaxes e narracións orais de todas as mulleres que queiran formar parte deste proxecto. Co material recollido, deseñarase unha mostra itinerante para visibilizar o labor, moitas veces esquecido, de tantas traballadoras que repartiron as súas vidas entre o mar e o coidado das súas familias.
 
Se queres participar, podes enviarnos as túas fotografías ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., xunto cos teus datos de contacto, antes do domingo 2 de xuño.