COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Noticias

Recuperación da Lonxa de Canido e propostas de mellora

En reunión con Portos de Galicia celebrada a semana pasada, temos trasladado a nosa vontade de colaboración na mellora do Porto de Canido a través de diversas propostas de actuación.

O uso pesqueiro do porto de Canido ten historia e ten futuro. Dende a Confraría de Vigo, como representante da comunidade pesqueira artesanal, apostamos por el. 

Os criterios que guiarán as nosas actuacións e propostas son: 

  • Manter e administrar infraestruturas e servizos que melloren as condicións do traballo no mar.
  • Organizar a actividade de forma que se garantan as condicións de seguridade alimentaria, a trazabilidade, a calidade e a valorización dos produtos da pesca.
  • Participar na mellora xeral dos usos do porto. Permitir o seu uso público e organizar actividades de cara á sociedade.

Os principais problemas detectados actualmente para o desenvolvemento da actividade pesqueira en Canido son a limitación do espazo, a dificultade no acceso e desorde na circulación de vehículos e a mala imaxe de cara á veciñanza e aos visitantes.

Nas propostas tivéronse en conta tanto as necesidades do sector pesqueiro profesional coma do resto de usuarios do porto. Sendo a medida máis urxente a retirada da ruína da antiga lonxa para desafogar o uso das infraestruturas portuarias e a habilitación do TICPESC para a emisión de documentos de transporte. Como medida transitoria barallase a posibilidade de adecuación dun lugar de venda provisional que continúe coa venda directa de peixes e mariscos ao público, a espera da reconstrución definitiva do edificio da lonxa.

Tamén sería unha boa oportunidade para mellorar o transito peonil de acceso dende a praia ata o porto, permitindo a conexión coas rutas litorais impulsadas polo Concello.

En canto o tan esperado dragado do Porto de Canido agardamos se dean por terminados os tramites administrativos canto antes para facelo efectivo no vindeiro ano, xunto coa posterior instalación dun pantalán que dará servizo as embarcacións de pesca artesanais.

Descargar Nota de prensa 2019-07-02