COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Noticias

Visita do CEIP Plurilingüe Frian-Teis (Vigo)- TURISMO MARIÑEIRO

Hoxe recibimos a visita dos nenos e nenas o CEIP Frian de Teis, que quixeron ser mariscadoras e mariscadores por un día. O noso mariscador Iago Soto, axudounos a achegarnos ao mundo do marisqueo e a algunhas das especies que podemos atopar nas nosas praias. Estamos moi orgullosos/as do traballo que fixeron estes nenos e nenas, que sen dúbida serán unha boa "Patrulla Verde" que estará moi atenta en localizar e denunciar aos furtivos e furtivas, que tanto dano fan aos nosos bancos marisqueiros. Grazas pola vosa visita! Grazas @vigopesqueiro!