COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Noticias

Remata o proxecto "Un mar de oportunidades"

A Confraría de Pescadores de Vigo vén de rematar o proxecto "Un mar de oportunidades", un proxecto realizado ao abeiro das axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo- A Guarda, e financiado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP). Instalación dun novo tramo de pantalán na Mariña Depotiva de Bouzas.

O deseño e orientación do tramo de pantalán máis exterior da Mariña Deportiva de Bouzas, fai que durante os temporais do S/SW que afectan as nosas costas se produzan danos severos na estrutura e nos barcos amarrados. É por isto que, dende a súa creación, as prazas de amarre asociadas a este tramo de pantalán foron infrautilizadas. Supoñen espazos baleiros a meirande parte do ano e faise necesario un mantemento extraordinario para a súa conservación. Nos últimos dous anos unha parte deste tramo foi desmontada e trasladada a outro emprazamento para evitar males maiores. 

Grazas a instalación dun novo tramo de pantalán de 44 metros de longo e 4 metros de ancho vense de mellorar toda a zona portuaria, poñendo en valor novas prazas de amarre e garantindo condicións de maior seguridade no resto de prazas ao reducir notablemente o impacto do mar de vento xerado durante os temporais de inverno.

O pantalán foi instalado baixo os mais altos niveis de calidade e por empresas especializadas. Foi escollido un modelo de pantalán innovador con flotación enteiramente de formigón, que serve de barreira contra as ondas xeradas polo vento ou polo tráfico doutras embarcacións. 

As obras realizadas incluíron o enterramento de novos pilotes, 44 metros de pantalán de formigón, 12 metros de pantalán de formigón máis estreito, 5 fingers de aluminio e dúas pasarelas de acceso. Ademais dos correspondentes aros de fixación, rodillos, tacos e outros elementos complementarios que proporcionan estabilidade e flotabilidade ao pantalán.

A Confraría de Pescadores de Vigo, coñecedora da sensibilidade da zona en que se empraza a instalación, tivo especial atención ao respecto ambiental do entorno mediante a utilización de estruturas integramente flotantes, eliminando así calquera incidencia sobre o fluxo das correntes mariñas e mareas.

Unha Mariña Deportiva máis verde...

O novo tramo de pantalán está dotado con 5 novas torretas de servizo de auga e electricidade, ademais de dous modulos dotados con extintor e aro salvavidas para primeiras intervencións en caso de emerxencia ou accidente

As novas torretas de servizo levan incorporados contadores individuais de auga e electricidade como medida de aforro e eficiencia enerxética. Desta forma cada usuario pode controlar o seu consumo e contribuír na medida do seu gasto. Esta acción vai encamiñada á conservación dos recursos, e sobre todo a concienciación individual de cara a un consumo responsable.

Ademais, nas torretas existentes substitúense os sistemas de iluminación tradicionais por luces led, de menor consumo. O emprego de equipamentos eficientes enerxeticamente vai producir efectos ambientais positivos na enerxía e auga, diminuíndo en gran medida a Pegada de Carbono da instalación.

A realización destas actividades en conxunto supoñen unha gran mellora das instalacións, que unidas a creación dun emprego dedicado en exclusiva a xestión e promoción do negocio, está a xerar un espazo de oportunidades de colaboración con emprendedores, empresas ou entidades para o desenvolvemento de actividades no mar.