COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Noticias

Sementeira de ameixa na ETEA

O sábado 4 de maio, entre as 10 e 12 da mañá, a Confraría de Pescadores de Vigo fará unha sementeira de cría de ameixa na Praia de Ríos de Fora (Teis), na antiga dársena da ETEA.

Esta actuación enmárcase no proxecto de restauración da biovidersidade deste banco marisqueiro, promovido pola confraría en colaboración e co apoio da Consellería do Mar e cofinanciada con fondos FEMP.

A Cofradía de Pescadores de Vigo, por medio da Agrupación de marisqueo a pé Illa de Toralla, promove a rexeneración dos bancos marisqueiros degradados no seu ámbito de explotación. 

Os criterios que guían estas rexeneracións son a falla de recrutamento e a perda de produtividade natural. Non se pretende a creación de novos bancos nin a explotación intensiva mais aló dos limites ecolóxicos, polo que as actuacións deben respectar tanto a dinámica xeral do ecosistema como o uso múltiple do litoral.

Previamente realizouse unha remoción do substrato que permite airear e descompactar o sedimento. O sábado completase coa sementeira de xuvenís de ameixa autóctona procedentes de criadeiro, baixo o correspondente control sanitario.

A rexeneración de bancos favorece directamente ao sector marisqueiro. Así e todo, traballamos tamén para que a nosa actividade contribúa a mellorar o ecosistema, manter o litoral accesible, limpo e de uso compartido.

Se queres participar, estas invitado a vir o próximo sábado 4 de maio, ás 10 da mañá, na praia da ETEA. Pódese realizar a inscrición a través de Vigo Pesqueiro. 

Formulario de inscrición: https://forms.gle/ocyanzzieP7Jq2XZA

Descargar nota prensa