COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Proyectos

Proxectos

Restauración da biodiversidade do banco marisqueiro de Areiño 2019-2020

O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.

O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.

Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:

1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos. 
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.

PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2019-014)

  • Data de inicio: 01/06/2019
  • Data de finalización: 30/06/2020
  • Importe da subvención: 3.600 euros

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP 

Xestión e Conservación dos Recursos e da Biodiversidade Mariña 2019-2020

O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

Continuar leyendo

Proxecto "Un Mar de Oportunidades"

 

 

A CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO INICIA O PROXECTO “UN MAR DE OPORTUNIDADES”

A Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, vén de iniciar o seu proxecto “Un Mar de Oportunidades”, financiado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da Ría de Vigo e A Guarda dende o pasado día 1 de agosto de 2019.

“Un Mar de Oportunidades” é un proxecto produtivo que ten como obxectivo estratéxico crear oportunidades económicas a través da diversificación da economía pesqueira local.

A acción principal do proxecto é a mellora dos servizos de amarre no pantalán flotante na zona portuaria de Bouzas, que a Confraría de Pescadores de Vigo xestiona en réxime de concesión, ofrecendo un espazo de oportunidades que permita o impulso de novas actividades como o turismo mariñeiro na Ría de Vigo, así como apoio á investigación mariña e iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar.

Como inicio do proxecto, en outono do ano 2019, acometerase unha obra para mitigar os problemas causados pola exposición á ondada e mellorar a seguridade e a comodidade no amarre e acceso aos servizos. As novas estruturas manteñen a superficie ocupada actual respectando o entorno natural no que está emprazado o pantalán. 

O proxecto “Un mar de oportunidades” vai dirixido á comunidade pesqueira, preferentemente socias/os da confraría de Vigo, pero está aberto á colaboración doutras persoas e axentes da economía marítima local. Nestes momentos dispoñemos de prazas de amarre tanto para embarcacións deportivas como para iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar.

 

Fotos do inicio das obras

  • 1
  • 2
  • 3