Oferta de traballo Axente de Diversificación
CONVOCATORIA: 1 PRAZA DE AXENTE DE DIVERSIFICACIÓN DE ACTIVIDADES NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO.
FUNCIÓNS:
- Impulsar a diversificación económica da comunidade pesqueira local
- Apoio ao emprendemento e dinamización de actividades de turismo mariñeiro.
- Supervisión e xestión das prazas de amarre nos pantaláns da Cofradía de Pescadores de Vigo en Bouzas.
- Colaboración con outras entidades e sectores da economía marítima do entorno para o crecemento azul
- Busca de vías de financiamento e liñas de axudas para actividades e iniciativas de turismo relacionadas coa pesca, deportes náuticos, posta en valor de recursos medioambientais e patrimoniais.
VALORARÁSE
- Formación náutica, ambiental, administrativa, turística e pesqueira.
- Experiencia como guía ou monitor, na divulgación de coñecementos da pesca e do mar en xeral.
- Experiencia no deseño de actividades no litoral, redacción de informes e xestión de proxectos.
- Experiencia de traballo en portos deportivos ou mariñas náuticas.
- Dispoñibilidade ao traballo en equipo e de cara ao público.
Solicitudes e curriculum ata 31 de XULLO de 2019
Oferta de traballo vinculada ao proxecto “Un mar de oportunidades”, presentado a convocatoria de axudas do Grupo de Acción Local de Pesca, GALP Ría de Vigo- A Guarda.