COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Veda da centola e boi 2017

O plan de xestión da centola e boi para o 2017-2018, establece os periodos de veda, os topes de captura e as condicións de extracción para cada zona da costa galega.

O período de veda para 2017 queda establecido da seguinte maneria:

  • Pontevedra (dende Cabo Corrubedo ata A Garda): dende as 00:00 horas do 17 de xuño ata as 00:00 horas do 12 de novembro de 2017, ambos inclusive.
  • A Coruña (dende Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares): dende as 00:00 horas do 17 de xuño ata as 00:00 horas do 12 de novembro de 2017, ambos inclusive
  • Lugo (dende Cabo Estaca de Bares, incluíndo a Ría do Barqueiro, ata o Río Eo): dende as 00:00 horas do 1 de xullo ata as 00:00 horas do 3 de decembro de 2017, ambos inclusive.

Cota máxima diaria de captura e desembarco: 35 kg/barco/día ao que se lle engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo.

 A vixencia do plan abranguerá dende o 16 de xuño de 2017 ata a data de inicio da veda do ano 2018.