A Confraría aposta por medidas preventivas ante o Covid19

#ovalorsocialdomar
#marlimpomarvivo
#somoseconomiasocial
A Confraría de Pescadores de Vigo xunto coa Fundación para la pesca y marisqueo –FUNDAMAR- veñen de poñer en marcha, un Plan Estratéxico para o Desenvolvemento dun Modelo de Contabilidade Social para as Entidades de Economía Social do Sector Pesqueiro, Este novo proxecto no eido da Economía Social conta co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. A pasada semana tivo lugar a primeira sesión de formación sobre Contabilidade Social onde aprendimos a identificar cales son os nosos stakeholders ou grupos de interese.
Moito traballo queda por facer!
No ano 2019 a Confraría puxo en marcha o proxecto "Un mar de oportunidades", ao abeiro das axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, financiado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP).
A principal acción do proxecto foi a instalación dun novo tramo de pantalán con características innovadoras na súa Mariña Deportiva de Bouzas. Grazas a instalación do novo tramo de pantalán de 44 metros de longo e 4 metros de ancho mellorouse toda a zona portuaria, poñendo en valor novas prazas de amarre e garantindo condicións de maior seguridade no resto de prazas ao reducir notablemente o impacto do mar de vento xerado durante os temporais .O pantalán foi instalado baixo os mais altos niveis de calidade e por empresas especializadas. Foi escollido un modelo de pantalán innovador con flotación enteiramente de formigón, que serve de barreira contra as ondas xeradas polo vento ou polo tráfico doutras embarcacións.