COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

O mar tamén ten mulleres

O MAR TAMÉN TEN MULLERES é un proxecto que pon en marcha o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda co obxectivo de recoller fotografías e relatos das traballadoras que dedicaron a súa vida ao mar nos concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.

Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras… serán as protagonistas dunha exposición que pretende recuperar os saberes de mulleres anónimas para poñer en valor o seu traballo, rendirlles homenaxe e rescatar capítulos preciosos da nosa memoria histórica.
 
Trátase dun proxecto participativo no que recolleremos as imaxes e narracións orais de todas as mulleres que queiran formar parte deste proxecto. Co material recollido, deseñarase unha mostra itinerante para visibilizar o labor, moitas veces esquecido, de tantas traballadoras que repartiron as súas vidas entre o mar e o coidado das súas familias.
 
Se queres participar, podes enviarnos as túas fotografías ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., xunto cos teus datos de contacto, antes do domingo 2 de xuño.