COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

Visita a proxectos dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)

O pasado día 19 de novembro visitamos algúns proxectos produtivos en torno ao mar de Arousa. Estivemos en Boiro, Corrubedo, Vilagarcía e Cambados. Guiadas polo noso grupo GALP Ría de Vigo- A Guarda, coñecimos amables anfitrións que nos abriron os seus negocios e nos mostraron sen reparos a súa experiencia de emprendemento vinculado ao traballo no mar:

Unha cetárea que coce o marisco que non se vende no día, aproveitando un recurso con pouco mercadohttps://mariscoscamino.com/

- Un restaurante-factoría moi mariñeiro, con cetárea e sala de máquinas que aproveita a enerxía mareomotriz, entre outras cousas. https://benboa.com/

- Unha cordelería que abastece ao sector bateeiro con material non contaminante e reutiliza redes desbotadas. https://www.rdelorenzo.es/

- Unha Confraría que completa a comercialización da vieira co eviscerado e venda final das súas capturas. http://www.confrariacambados.es/gl/

 

Resulta moi motivador coñecer persoas que gañan a vida co mar ao tempo que o respectan, o conservan e argallan novas posibilidades para melloralo.

Grazas aos GALP por cordinarse e promover esta iniciativa.