COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

A Confraría colabora co programa "As Conversas do Mar"

O pasado venres 22 de novembro, o curso de 2º ESO do Colexio Atlántida de Bouzas-Vigo, www.colexioatlantida.com, participou na sétima sesión de “As Conversas do Mar” do grupo de Oceanoloxía do Instituto de Investigacións Mariñas- CSIC, no marco do proxecto #MarRISK. A Confraría de Vigo estivo encargada de contarlles ao alumnado o papel clave das confrarías de pescadores e o seu traballo diario. Moitas grazas ao Instituto de Investigacións Mariñas- CSIC polo seu convite, encantados/as de poder aportar a nosa visión.