COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

Axudas Deputación de Pontevedra 2019

Con data 27 de febreiro de 2019 (BOPPO Nº 41) foron publicadas as BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORAS E PESCADORES, Á FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS E ÁS AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2019.

Segundo acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 14/05/2019, foi concedida unha axuda por un importe de 7.843,80 € para adquisicións varias da Confraría de Pescadores “San Francisco” de Vigo.

As actuacións foron realizadas durante o ano 2019 e o primeiro trimestre de 2020. Todos os investimentos realizados están orientados a mellora dos servizos prestados, mantemento das instalacións da confraría ou adquisición de diversos materiais e servizos que van contribuír o emprego e as condicións de traballo dos socios e do sector pesqueiro.

As actividades e investimentos incluen material para a mellora e mantemento da mariña deportiva da confraría en Bouzas, equipos informáticos, material de lonxa, mantemento do vehículo da confraría, mobiliario de oficina e diverso vestiario laboral e equipos individuais para a prevención de riscos.