COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

Prácticas na Confraría de Pescadores

 

Xa temos na nosa oficina a Patricia, a alumna en prácticas do Colexio Mendiño vinculada ao "Plan de Actuación para a integración e colaboración de entidades de Economía Social do sector pesqueiro e do sector educativo para o fomento do emprendemento e a economía social". Este plan é financiado pola Rede Eusumo e facémolo en colaboración coa Fundación Fundamar.

Benvida Patricia!