COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

A Confraría de Pescadores de Vigo promove a Economía Social

A Confraría de Pescadores de Vigo xunto coa Fundación para la pesca y marisqueo –FUNDAMAR- veñen de poñer en marcha, un Plan Estratéxico para o Desenvolvemento dun Modelo de Contabilidade Social para as Entidades de Economía Social do Sector Pesqueiro

Este novo proxecto no eido da Economía Social conta co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O obxectivo é visibilizar, xestionar e monetizar o valor social xerado polas organizacións do sector pesqueiro e poder establecer un modelo de contabilidade social transferible. Dende o punto de vista contable e financeiro, é fácil coñecer o rendemento económico dunha organización, sen embargo existen aspectos que xeran valor para a sociedade e que non están incluídos nestes rendementos económicos das organizacións como é o valor social; un valor que se pode medir e que vai máis alá do valor de mercado.

Con esta iniciativa preténdese tamén dar a coñecer a economía social, dende o interior das propias organizacións que impulsan o proxecto, así como cara ao exterior, identificando os seus principios democráticos de funcionamento e o seu compromiso de contribuir ao desenvolvento local, á cohesión social e á sostibilidade.