COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

A Confraría aposta polo I+D+i autóctono

A Confraría de Pescadores de Vigo aposta polo I+D+i do país

No ano 2019 a Confraría puxo en marcha o proxecto "Un mar de oportunidades", ao abeiro das axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, financiado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP). 

A principal acción do proxecto foi a instalación dun novo tramo de pantalán con características innovadoras na súa Mariña Deportiva de Bouzas.  Grazas a instalación do novo tramo de pantalán de 44 metros de longo e 4 metros de ancho mellorouse toda a zona portuaria, poñendo en valor novas prazas de amarre e garantindo condicións de maior seguridade no resto de prazas ao reducir notablemente o impacto do mar de vento xerado durante os temporais .O pantalán foi instalado baixo os mais altos niveis de calidade e por empresas especializadas. Foi escollido un modelo de pantalán innovador con flotación enteiramente de formigón, que serve de barreira contra as ondas xeradas polo vento ou polo tráfico doutras embarcacións. 

Esta semana vimos de comezar a campaña de I+D+i de instrumentación do rompeolas flotante. O obxectivo é obter medicións in situ dos esforzos nos conectores dos rompeolas e os pilotes de cimentación, que permita un mellor coñecemento e deseño deste tipo de estruturas. Esta actividade enmarcase dentro do proxecto #FloatingConcrete do programa Conecta-Peme., e está ao fronte dela Aquatica Ingenieria Civil S.L., e Ronáutica Marinas.

#ovalorsocialdomar

#mariñadeportiva

#marinadeportiva

#innovacion

#innovation