COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

A Confraría aposta por medidas preventivas ante o Covid19

A Confraría segue implementando medidas para evitar o contaxio por Covid do seu persoal e das persoas que se achegan polas nosas instalacións. 

Estes días estamos facendo medidas de CO2 para coñecer o estado da ventilación da nosa oficina. Tamén adquirimos un purificador de aire con filtro Hepa para minimizar os virus que podemos ter na oficina en forma de aerosois. As nosas medicións van realmente ben, xa que en poucas ocasións superamos as 700ppm de CO2, medida recomendada polos maiores especialistas en aerosois do mundo.