COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

Axudas Deputación de Pontevedra 2020

Con data 31 de marzo de 2020 (BOPPO Nº 62) foron publicadas as BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORAS E PESCADORES, Á FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS E ÁS AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2020.

Segundo acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 7/08/2020, foi concedida unha axuda por un importe de 10.542,45 € para reparacións na Mariña Deportiva de Bouzas da que a Confraría de Pescadores “San Francisco” de Vigo ten unha concesión administrativa.

As actuacións foron realizadas durante o ano 2020. Todos os investimentos realizados están orientados a mellora dos servizos prestados na Mariña Deportiva, mantemento das instalacións da confraría e adquisición de diversos materiais e servizos que van contribuír o emprego e as condicións de traballo dos socios e do sector pesqueiro.