COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

PROXECTO DE CONTABILIDADE SOCIAL

A Confraría de Pescadores de Vigo e FUNDAMAR, no seu compromiso coa economía social, inician o diálogo cos seus grupos de interese no marco do proxecto ESO/PES CONTA de contabilidade social para entidades do sector pesqueiro.

 

A Confraría de Pescadores de Vigo e Fundación para la pesca y marisqueo –FUNDAMAR- continúan coa posta en marcha dun PLAN ESTRATÉXICO PARA O DESENVOLVEMENTO DUN MODELO DE CONTABILIDADE SOCIAL PARA AS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DO SECTOR PESQUEIRO, co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 

Nesta parte do proxecto se está a desenvolver un proceso de diálogo cos grupos de interese, “Stakeholders”, entidades e persoas coas que se relacionan, coa finalidade de identificar cales son aquelas situacións nas que ambas entidades aportan algún tipo de valor ás diferentes persoas coas que interactúan. O que se procura é coñecer o valor social que xeran ambas entidades á sociedade e cuantificar economicamente dito valor.

A través da metodoloxía GEAccounting, aos datos recompilados dos diferentes grupos de interese se lles asignará un indicador asociado a un valor económico, destacando as aportacións de ambas entidades á sociedade, poñendo no centro ás persoas e os principios da Economía Social.