COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Certificación de Algas Ecolóxicas

A Confraría de Pescadores de Vigo ven de obter o Certificado de Conformidade para a extracción e comercialización de algas de producción ecolóxica. Así a Confraría de Vigo queda inscrita no Rexistro de operadores titulares como Entidade productora de algas do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia co número de rexistro GA/03060/PV.

O Plan de xestión de algas da Confraría de Pescadores de Vigo inclue a participación de mariscadores na modalidade a pé e de mergulladores recolectores con subministro de aire dende a superficie, o que nos permite extraer gran variedade de macroalgas do noso litoral, durante todo o ano.

As principais especies son recoliidas son:

Kombu (Laminaria ochroleuca), Argazo bravo (Saccorhiza polischydes), Wakame (Undaria pinnatifida), Correa ou espaguete de mar (Himanthalia elongata), Leituga de mar (Ulva spp), Carrapicho ou Musgo de Irlanda (Chondrus crispus), Touca ou Nori (Porphyra umbilicalis), Ramallo de mar (Codium tomentosum), Pemeta de mar (Osmundea pinnatifida), Fucus (Fucus vesiculosus)