COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Eleccions órganos directivos Confraría de Pescadores de Vigo

Durante o meses de setembro e outubro levouse a cabo o proceso electoral para a renovación dos cargos electos dos órganos directivos da Confraría de Pescadores de Vigo. O proceso electoral esta unificado e foi dirixido dente a Consellería do Mar, o que garante a participación de todos os socios e a máxima transparencia da xestión.

Todos os pasos do desenvolvemento do proceso electoral veñen explicados na normativa de convocatoria de eleccións e que regula todo o proceso electoral nas confrarías de pescadores de Galicia. Tal e como establece esta normativa, os comicios desenvólvense en tres partes.

En primeiro lugar realizáronse as votacións  nas confrarías de pescadores. Nesta parte, unha vez proclamados de xeito definitivo os vogais da xunta xeral de cada confraría, tomaron posesión dos seus cargos na súa sesión constitutiva. Neste primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, realizouse o procedemento para elixir ao patrón/oa maior, vicepatróns/oas maiores e vogais do cabido. Posteriomente, o día 25 de outubro de 2018 foron proclamados definitivamente os 63 patróns/oas maiores das confrarías e o día 26 de outubro tomaron posesión do seu cargo.

A Xuntal Xeral da Confaría de Pescadores de Vigo está formada por 14 vogais, en representación paritaria de empresarios e traballadores e proporcionada segundo os diferentes sectores de producción. O Cabido quedou constituido por 8 membros de entre os vogais da Xunta Xeral e como Patrón Maior foi elexido Iago Soto García.

Máis información:

Faro de Vigo. Solo cuatro de las 22 cofradías de pescadores de Pontevedra cambian sus patrones mayores

Xunta de Galicia. Máis do 63% das confrarías de pescadores revalidan no seu posto aos seus patróns maiores