COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Novas

Estudo do ciclo reprodutivo da navalla na Ría de Vigo

Estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla na Ría de Vigo e a súa aplicación a xestión pesqueira

A acción de investigación vai estudar a variabilidade do ciclo reprodutivo, talla de primeira posta e crecemento da navalla (Ensis magnus) na Ría de Vigo desde os bancos máis interiores (Rande) ata os máis exteriores (Illas Cíes), ase como o desenvolvemento da ferramenta que se emprega na ría de Pontevedra e a súa aplicación por parte das asistencias técnicas e os biólogos de zona para axudar á pesqueira.

A finalidade é coñecer e reducir os períodos de peche e os descartes de exemplares que se producen unha vez realizada a posta pola perda do pé ao realizar a extracción (capamento) e a súa variabilidade anual.

Ademias vaise estudar a estrutura de tallas e biomasa dos bancos principais de navalla na Ría de Vigo desde o seu interior ao exterior (Rande, Cabo de Mar, Tirán e Rodas), con dúas mostraxes ao ano e a súa implantación noutros bancos da Ría de Vigo con posterioridade. 

Por ultimo vaise desenvolver dunha plataforma para a visualización do estado do recurso dos distintos bancos que inclúa un servidor de base de datos accesible remotamente, un servidor de proceso e páxinas web de entrada/saída para mariscadores, asistencias técnicas e biólogos de zona, para móbiles Android e ordenadores de sobremesa.

Maís información:

DUVI: Unha aplicación móbil permitirá mellorar a xestión da explotación da navalla na ría de Vigo

 

Visitas a Lonxa de mariscos con Vigo Pesqueiro

A Confraría de Pescadores de Vigo colabora coas visitas guiadas organizadas por Vigo Pesqueiro a lonxa de mariscos do porto de Vigo. Durante o percorrido os visitantes poden ver en directo a poxa de ameixas, berberechos e navallas que cada día se realiza nesta lonxa. Ademais coñecen de primeira man as mercadorias, o sistema de venda e os principais actores participantes.

Un dos obxectivos que persegue o programa é aproximar á cidadanía un dos sectores máis importantes a nivel económico e social do noso territorio e que configuran a nosa identidade, como é a pesca. Gracias a Vigo Pesqueiro por poñer en valor os productos e o traballo da xente do mar.

Para máis información sobre as rutas e visitas guiadas podes contactar neste correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao: 610312685

Axudas da Deputación de Pontevedra as confrarías de pescadores

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar axudas por un valor total de 200.000 euros as confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra para novas inversions e persoal.

Este é o primeiro ano que as axudas contan con duas liñas distintas de aportación económica. No caso da Confraría de Pescadores de Vigo vai recibir 3.948 euros para a inversions e 4.065 euros para gastos de persoal.

Melloras no porto de Canido

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, está a investir máis de 50.000 euros na mellora do peirao de Canido, no municipio de Vigo. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona para comprobar os traballos xa executados.

Seguir lendo

  • 1
  • 2
  • 3