COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Proxectos

Restauración do banco marisqueiro de Areiño

O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.

Seguir lendo

Xestión e Conservación dos Recursos e da Biodiversidade Mariña 2019

O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que a súa vez segue a revisión feita pola actual política pesqueira común (PPC).

O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, unido a protección e recuperación da biodiversidade mariña. Os obxectivos especificos incluen asesoramento técnico para a realización dos plans de xestión, asesoramento técnico para a protección e recuperación das zonas de produción, asesoramento técnico para a conservación e protección dos hábitats e das especies. fomento da sensibilización ambiental e vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.

Uha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo cumpriuse, obténdose información moi valiosa para a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, a conservación dos ecosistemas e a protección e recuperación da biodiversidade mariña.

PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS E DA BIODIVERSIDADE MARIÑA (PE209C-2018F-034)

  • Data de inicio: 01/07/2018
  • Data de finalización: 30/06/2019
  • Importe total concedido para o proxecto: 30.111,20 euros

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP

Xestión e Conservación dos Recursos e da Biodiversidade Mariña 2018

O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

Seguir lendo

Equipamento Lonxa de Canido

A Consellería do mar concedeu a Confraría de Pescadores de Vigo unha axuda ao proxecto colectivo "Equipamento da Lonxa de Canido" para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarques e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas.

Seguir lendo

Acción de investigación sobre a navalla na Ría de Vigo

A Confraría de Pescadores de Vigo vai colaborar co Centro de Investigacións Mariña (CIMA) e a Estación de Ciencias mariñas de Toralla (ECIMAT) na investigación que ten por obxecto estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla na Ría de Vigo e a súa aplicación a xestión pesqueira.

Seguir lendo

  • 1
  • 2