COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Proxectos

Plan de colaboración sector educativo e pesqueiro

A Confraría de Pescadores “San Francisco” de Vigo xunto coa Fundación para la pesca y marisqueo (FUNDAMAR) estamos a traballar nun novo proxecto no ámbito da Economía Social e ao albeiro das axudas da Rede Eusumo.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

O proxecto denominado “Plan de colaboración de entidades de economía social do sector pesqueiro e do sector educativo para o fomento do emprendemento”, desenvolverase durante os anos 2019-2020, e ten como finalidade o fomento do cooperativismo e a economía social, así como crear pontes de colaboración entre entidades do sector pesqueiro e o sector educativo.

As e os protagonistas deste proxecto son as alumnas e alumnos do Centro de Formación Profesional  Mendiño, que se achegarán ao sector pesqueiro e os seus axentes para coñecelo en profundidade, realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) e poñer en marcha os proxectos de emprendemento social ideados por elas e eles mesmos, sempre dende os valores e principios da Economía Social.