COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Proxectos

Proxecto "Un Mar de Oportunidades"

A CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO INICIA O PROXECTO “UN MAR DE OPORTUNIDADES”

A Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, vén de iniciar o seu proxecto “Un Mar de Oportunidades”, financiado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da Ría de Vigo e A Guarda dende o pasado día 1 de agosto de 2019.

“Un Mar de Oportunidades” é un proxecto produtivo que ten como obxectivo estratéxico crear oportunidades económicas a través da diversificación da economía pesqueira local.

A acción principal do proxecto é a mellora dos servizos de amarre no pantalán flotante na zona portuaria de Bouzas, que a Confraría de Pescadores de Vigo xestiona en réxime de concesión, ofrecendo un espazo de oportunidades que permita o impulso de novas actividades como o turismo mariñeiro na Ría de Vigo, así como apoio á investigación mariña e iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar.

Como inicio do proxecto, en outono do ano 2019, acometerase unha obra para mitigar os problemas causados pola exposición á ondada e mellorar a seguridade e a comodidade no amarre e acceso aos servizos. As novas estruturas manteñen a superficie ocupada actual respectando o entorno natural no que está emprazado o pantalán. 

O proxecto “Un mar de oportunidades” vai dirixido á comunidade pesqueira, preferentemente socias/os da confraría de Vigo, pero está aberto á colaboración doutras persoas e axentes da economía marítima local. Nestes momentos dispoñemos de prazas de amarre tanto para embarcacións deportivas como para iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar.

 

Fotos do inicio das obras