COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Equipamento Lonxa de Canido

A Consellería do mar concedeu a Confraría de Pescadores de Vigo unha axuda ao proxecto colectivo "Equipamento da Lonxa de Canido" para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarques e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas.

A Orde do 19 de decembro de 2017, establece as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2018 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas, tramitadas como expediente anticipado de gasto.

Mediante esta axuda vaise dotar os socios da Confraría de Vigo dunha transpaleta manual para o movemento de caixas e mercadorías na Lonxa de Canido. Este proxecto vai mellorar o equipamento destinado á operatividade do porto pesqueiro relacionado coa descarga da pesca e movemento de cargas dentro do porto e na lonxa.

PROXECTO COLECTIVO EQUIPAMENTO DA LONXA DE CANIDO (PE209D/32-18)

  • Data de inicio: 15/02/2018
  • Data de finalización: 30/09/2018
  • Importe da subvención: 470 euros

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP