COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Órganos de goberno

Son órganos reitores da Confraría: a Xunta Xeral, o Cabido e o Patrón Maior.

A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno e decisión da Confraría, na que están representados todos os profesionais do sector afiliados. Actúa como órgano de control e fiscalización dos restantes órganos reitores da Confraría.

O Cabido é o órgano de goberno, xestión e administración da Confraría. Está formado polo Patrón Maior, o Secretario e os vogais, dos cales dous serán obrigatoriamente os vicepatróns 1º e 2º.

O Patrón Maior é o representante da Confraría. Preside a Xunta Xeral e o Cabido. Será elixido pola Xunta Xeral de entre os seus membros.

As eleccións para a constitución ou renovación dos órganos da Confraría de Pescadores de Vigo realízanse cada catro anos e réxense polo establecido no DECRETO 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, así como polos Estatutos da propia Confraría.

As últimas eleccións realizáronse en 2014, resultando elixida a seguinte directiva:

  • Patrón Maior: D. Misael García del Campo
  • Vicepatrón 1º: D. Enrique Paulino Cruces André
  • Vicepatrón 2º: D. Óscar Gómez