COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Socios

Son membros da Confraría todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se asocien, sempre que desenvolvan habitualmente unha actividade extractiva pesqueira, marisqueira ou de produción acuícola e se atópen en posesión do correspondente título administrativo que os habilite para o exercicio da actividade.

Actualmente a Confraría conta con socios tanto traballadores como empresarios, que desenvolven a súa actividade nos distintos sectores produtivos da pesca e do marisqueo. En todos os casos trátase de pesca artesanal realizada por embarcacións de pequeno porte, a escasas millas da costa e que descargan as súas capturas o mesmo día de pesca.

Os principais sectores produtivos aos que pertencen os socios da Confraría son a pesca de cerco, pesca con artes menores (enmalle, anzol e nasas), recursos específicos (navalla, ourizo, percebe, etc.) e o marisqueo, tanto nas modalidades de a pé como dende embarcación.

Faite socio

Se tés una embarcación de pesca, marisqueo ou acuicultura e desenvolves a túa actividade na zona da Ría de Vigo faite socio da nosa Confraría poñéndote en contacto con nós.

Se aínda non sabes como, pero estas interesado en mercar unha embarcación de pesca profesional e vivir do mar fala con nós e axudaremosche.