Comercialización

Comercialización
A Confraría de Vigo encárgase da primeira venda e distribución dos produtos do mar extraídos polos seus asociados mediante poxa en lonxa ou ben directamente a empresas intermediarias, tanto maioristas como minoristas, mediante acordos de venda.
Os produtos comercializados a través da Confraría son garantía de pesca artesanal, sustentable e responsable co medio ambiente, de orixe galega e coa máxima calidade e frescura.
Os principais puntos de venda son a Lonxa de Vigo e a Lonxa de Canido. A Lonxa de Canido (Vigo) está xestionada directamente pola Confraría, mentres que as distintas lonxas do Porto de Vigo son responsabilidade da Autoridade portuaria de Vigo.
Especies
- Ameixa fina
- Ameixa babosa
- Ameixa rubia
- Ameixa xaponesa
- Navalla
- Ourizo
- Anémone
- Holoturia ou pepino de mar
- Polvo