COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Marina Deportiva de Bouzas

A Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo posúe concesión da Autoridade portuaria de Vigo para ocupación de superficie de dominio público portuario na zona de Bouzas (Vigo), con destino a instalación de pantaláns flotantes.

A instalación portuaria está formado por dous pantaláns paralelos a escollera e catro brazos con fingers. Conta con 65 prazas de amarre, disponibles para embarcacións deportivas e de lecer, de ata 16 metros de eslora.

As instalacións están provistas de tódolos servizos básicos, como auga, electricidade e cámaras de video vixilancia. Os usuarios poderán desfrutar dunha ubicación privilexiada para o amarre das embarcacións no medio da ría de Vigo e a pouca distancia das Illas Cies.

A Confraría vén de iniciar o seu proxecto “Un Mar de Oportunidades”, financiado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da Ría de Vigo e A Guarda dende o pasado día 1 de agosto de 2019.

“Un Mar de Oportunidades” é un proxecto produtivo que ten como obxectivo estratéxico crear oportunidades económicas a través da diversificación da economía pesqueira local.

A acción principal do proxecto é a mellora dos servizos de amarre no pantalán flotante na zona portuaria de Bouzas, que a Confraría de Pescadores de Vigo xestiona en réxime de concesión, ofrecendo un espazo de oportunidades que permita o impulso de novas actividades como o turismo mariñeiro na Ría de Vigo, así como apoio á investigación mariña e iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar.

Como inicio do proxecto, en outono do ano 2019, acometerase unha obra para mitigar os problemas causados pola exposición á ondada e mellorar a seguridade e a comodidade no amarre e acceso aos servizos. As novas estruturas manteñen a superficie ocupada actual respectando o entorno natural no que está emprazado o pantalán. 

O proxecto “Un mar de oportunidades” vai dirixido á comunidade pesqueira, preferentemente socias/os da confraría de Vigo, pero está aberto á colaboración doutras persoas e axentes da economía marítima local. 

Nestes momentos dispoñemos de prazas de amarre tanto para embarcacións deportivas como para iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar. Se estas interesado en empregar as instalacións ponte e contacto con nós no teléfono 986 21 04 07 ou por Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Proxecto de mellora do pantalán exterior