COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Pantalán

A Confraría de Pescadores de Vigo posúe concesión da Autoridade portuaria de Vigo para ocupación de superficie de dominio público portuario na zona de Bouzas (Vigo), con destino a instalación de pantaláns flotantes.

A instalación portuaria está formado por dous pantaláns paralelos a escollera e catro brazos con fingers. Conta con 65 prazas de amarre, disponibles para embarcacións deportivas e de lecer, de ata 16 metros de eslora.

As instalacións están provistas de tódolos servizos básicos, como auga, electricidade e cámaras de video vixilancia. Os usuarios poderán desfrutar dunha ubicación privilexiada para o amarre das embarcacións no medio da ría de Vigo e a pouca distancia das Illas Cies.