COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Servizos Xerais

A Confraría presta servizos de tipo administrativo, de información sectorial, e de ordenación pesqueira, así como de representación dos membros que a integran e defensa dos seus intereses.

Á súa vez completamos a actividade extractiva encargándonos de realizar a primeira venda dos produtos capturados mediante poxa nas principais lonxas de Vigo, ou ben por medio de acordos comerciais con empresas maioristas e industrias transformadoras.

Os principais servizos administrativos que ofrecemos aos nosos asociados están relacionados coa tramitación de documentación ante as distintas Administracións para o exercicio da actividade pesqueira e marisqueira. Entre elas:

  • Licenzas de pesca
  • Permisos de explotación (permex)
  • Despacho de buques
  • Enroles e desenroles
  • Alternancia de artes
  • Cambios temporais de modalidade
  • Altas e baixas na Seguridade Social
  • Partes de accidente
  • Liquidacións tributarias
  • Asesoría legal en materia pesqueira
  • Información sobre axudas e subvencións, etc.