COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Turismo Mariñeiro

Turismo Mariñeiro

Turismo Mariñeiro

 

O Turismo Mariñeiro é unha das tendencias actuais que se presenta como oportunidade de diversificación do sector da pesca e marisqueo.  O Turismo mariñeiro é a actividade desenvolvida polos colectivos de profesionais do mar, mediante contraprestación económica, orientada á valorización do seu traballo no medio mariño, así como dos costumes, tradicións, patrimonio e cultura mariñeira. (Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro , de Pesca de Galicia). Neste senso, dende a Confraría de Pescadores de Vigo, queremos dar resposta ás necesidades do novo turismo ofrecendo experiencias únicas que fagan protagonistas aos turistas xunto cos mariñeiros/as e mariscadoras/es. Unha xornada na que os e as participantes coñecerán de primeira man o duro traballo do mar, facendo que valoren doutro xeito os recursos e a súa explotación.

Así mesmo, a Confraría, quere facer especial fincapé na formación dos máis pequenos e pequenas, que serán o futuro da nosa economía, dando a coñecer estes oficios, e transmitindo o amor cara ao mar e os recursos que nos ofrece. Por este motivo, as actividades que propoñemos terán a súa vertente turística e educativa, podendo ser orientada a diferentes sectores da nosa sociedade, e adaptando os seus contidos á realidade do grupo participante.

 

OFERTA DE ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO