COFRADÍA DE

PESCADORES

DE VIGO

Servizos

OFERTA DE ACTIVIDADES

 

1. PERCEBEIRO/A POR UN DÍA

 Este Roteiro interpretativo pretende achegar aos participantes ao mundo do marisqueo a pé, e especialmente á profesión de percebeiro/a, así como dar a coñecer o "Percebe Vigués", un gran descoñecido.

Obxectivos

  • Achegar aos participantes os diferentes usos do litoral como espazo público.

  • Coñecer o ciclo biolóxico do percebe e os seus plans de explotación na Ría de Vigo.

  • Poñer en valor o traballo dos percebeiros/as así como coñecer aos seus protagonistas.

  • Sensibilizar sobre a explotación sustentable dos recursos naturais e o furtivismo.

 Temporalización

A actividade ten unha duración aproximada de 2.5 h.

Os contidos serán adaptados ás caracteríticas do grupo participante.

 
2. MARISCADORA/MARISCADOR POR UN DÍA

 Esta actividade pretende achegar aos participantes ao traballo das mariscadoras e mariscadores a pé do Concello de Vigo.

 Obxectivos

  • Achegar aos participantes os diferentes usos do litoral como espazo público.

  • Dar a coñecer os bancos marisqueiros do Concello de Vigo: Areíño (Teis), Bouzas e Toralla, principalmente.

  • Poñer en valor o traballo do marisqueo a pé e coñecer aos seus protagonistas.

  • Sensibilizar sobre a explotación sustentable dos recursos naturais e o furvismo.

 Temporalización

 A actividade ten unha duración aproximada de 2.5 h.

 Os contidos serán adaptados ás caracteríticas do grupo participante.

 

3. SEMENTEIRAS PARTICIPATIVAS

 Esta actividade pretende achegar aos participantes ao traballo das mariscadoras e mariscadores a pé do Concello de Vigo. Actividade especialmente centrada no coidado dos recursos marisqueiros.

Obxectivos

  • Achegar aos participantes os diferentes usos do litoral como espazo público.

  • Dar a coñecer os bancos marisqueiros do Concello de Vigo: Areíño (Teis), Bouzas e Toralla, principalmente.

  • Poñer en valor o traballo do marisqueo a pé e coñecer aos seus protagonistas.

  • Sensibilizar sobre a explotación sustentable dos recursos naturais e o furvismo.

 Temporalización

 A actividade ten unha duración aproximada de 2.5 h.

 Os contidos serán adaptados ás caracteríticas do grupo participante.

 

4. VISITAS Á LONXA DE MARISCO DE VIGO

Esta actividade pretende achegar aos participantes ao funcionamento das Lonxas galegas, principalmente das Lonxas de Marisco.

 Obxectivos

  • Achegar aos participantes ao traballo das mariscadoras e mariscadores.

  • Dar a coñecer os diferentes recursos que se comercializan nas Lonxas de Mariscos.

  • Descubrir o funcionamento de poxa nas Lonxas.

  • Poñer en valor o traballo do marisqueo a pé e coñecer aos seus protagonistas.

  • Sensibilizar sobre a explotación sustentable dos recursos naturais e o furvismo.

 Temporalización

 A actividade ten unha duración aproximada de 1.5 h. Esta actividade poderá ser complementada previamente cunha actividade de marisqueo a pé.

 Os contidos serán adaptados ás caracteríticas do grupo participante.

Turismo Mariñeiro

 

O Turismo Mariñeiro é unha das tendencias actuais que se presenta como oportunidade de diversificación do sector da pesca e marisqueo.  O Turismo mariñeiro é a actividade desenvolvida polos colectivos de profesionais do mar, mediante contraprestación económica, orientada á valorización do seu traballo no medio mariño, así como dos costumes, tradicións, patrimonio e cultura mariñeira. (Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro , de Pesca de Galicia). Neste senso, dende a Confraría de Pescadores de Vigo, queremos dar resposta ás necesidades do novo turismo ofrecendo experiencias únicas que fagan protagonistas aos turistas xunto cos mariñeiros/as e mariscadoras/es. Unha xornada na que os e as participantes coñecerán de primeira man o duro traballo do mar, facendo que valoren doutro xeito os recursos e a súa explotación.

Así mesmo, a Confraría, quere facer especial fincapé na formación dos máis pequenos e pequenas, que serán o futuro da nosa economía, dando a coñecer estes oficios, e transmitindo o amor cara ao mar e os recursos que nos ofrece. Por este motivo, as actividades que propoñemos terán a súa vertente turística e educativa, podendo ser orientada a diferentes sectores da nosa sociedade, e adaptando os seus contidos á realidade do grupo participante.

 

OFERTA DE ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO

Marina Deportiva

Mariña Deportiva de Bouzas

A Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo posúe concesión da Autoridade portuaria de Vigo para ocupación de superficie de dominio público portuario na zona de Bouzas (Vigo), con destino a instalación de pantaláns flotantes.

A instalación portuaria está formado por dous pantaláns paralelos a escollera e catro brazos con fingers. Conta con 65 prazas de amarre, disponibles para embarcacións deportivas e de lecer, de ata 16 metros de eslora.

As instalacións están provistas de tódolos servizos básicos, como auga, electricidade e cámaras de video vixilancia. Os usuarios poderán desfrutar dunha ubicación privilexiada para o amarre das embarcacións no medio da ría de Vigo e a pouca distancia das Illas Cies.

A Confraría vén de iniciar o seu proxecto “Un Mar de Oportunidades”, financiado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da Ría de Vigo e A Guarda dende o pasado día 1 de agosto de 2019.

“Un Mar de Oportunidades” é un proxecto produtivo que ten como obxectivo estratéxico crear oportunidades económicas a través da diversificación da economía pesqueira local.

A acción principal do proxecto é a mellora dos servizos de amarre no pantalán flotante na zona portuaria de Bouzas, que a Confraría de Pescadores de Vigo xestiona en réxime de concesión, ofrecendo un espazo de oportunidades que permita o impulso de novas actividades como o turismo mariñeiro na Ría de Vigo, así como apoio á investigación mariña e iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar.

Como inicio do proxecto, en outono do ano 2019, acometerase unha obra para mitigar os problemas causados pola exposición á ondada e mellorar a seguridade e a comodidade no amarre e acceso aos servizos. As novas estruturas manteñen a superficie ocupada actual respectando o entorno natural no que está emprazado o pantalán. 

O proxecto “Un mar de oportunidades” vai dirixido á comunidade pesqueira, preferentemente socias/os da confraría de Vigo, pero está aberto á colaboración doutras persoas e axentes da economía marítima local. 

Nestes momentos dispoñemos de prazas de amarre tanto para embarcacións deportivas como para iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar. Se estas interesado en empregar as instalacións ponte e contacto con nós no teléfono 986 21 04 07 ou por Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Proxecto de mellora do pantalán exterior

 

Lonxa de Canido

Lonxa de Canido

No porto de Canido (Vigo) atópase a lonxa que xestiona directamente a Confraría e que ademais serve de punto de descarga e control das capturas realizadas na zona. A lonxa está autorizada para o mercado e poxa de peixes, crustáceos, moluscos e derivados.

Está dotada con sistema de pesada, rexistro informatizado e cámara frigorífica para a almacenaxe de xeo e produtos frescos, ademais de contar con todo o equipamento necesario para a súa actividade diaria.

Unha vez descargadas as capturas do día, son vendidas directamente na lonxa de Canido ou transportadas en condicións isotermas ao porto de Vigo para a súa comercialización.

Comercialización

Comercialización

A Confraría de Vigo encárgase da primeira venda e distribución dos produtos do mar extraídos polos seus asociados mediante poxa en lonxa ou ben directamente a empresas intermediarias, tanto maioristas como minoristas, mediante acordos de venda.

Os produtos comercializados a través da Confraría son garantía de pesca artesanal, sustentable e responsable co medio ambiente, de orixe galega e coa máxima calidade e frescura.

Os principais puntos de venda son a Lonxa de Vigo e a Lonxa de Canido. A Lonxa de Canido (Vigo) está xestionada directamente pola Confraría, mentres que as distintas lonxas do Porto de Vigo son responsabilidade da Autoridade portuaria de Vigo.

Especies

  • Ameixa fina
  • Ameixa babosa
  • Ameixa rubia
  • Ameixa xaponesa
  • Navalla
  • Ourizo
  • Anémone
  • Holoturia ou pepino de mar
  • Polvo

Máis artigos